VII CONCURSO MICAELENSE DE OUTONO DOS AZORES

Melos Rey Telma proclámase xovenca gran campiona

Melos Rey Telma, da gandería Sociedade Melosfarm (Ponta Delgada), impúxose entre as cerca de 85 xatas e xovencas participantes no concurso de gando frisón que está tendo lugar esta fin de semana na illa de San Miguel. A decisión foi tomada polo xuíz Santiago García Souto, que valorará mañá as seccións de vacas.