EN VACA TV

SAT Lodos e Pérez, un proxecto innovador con selo Lely

Visitamos a gandería lucense Lodos e Pérez (Pousada, A Pastoriza), un referente en innovación e cow comfort dos animais. Nesta explotación moxen con dous robots Lely Astronaut A5, aos que pronto se sumará unha terceira unidade, e tamén dispoñen do arrimador de comida Lely Juno.

Este vídeo é tan só un adianto da reportaxe que poderedes ler no seguinte número de Vaca Pinta, que estará dispoñible nos vindeiros días.