Unha primavera máis o recinto feiral de Santana, na illa azoriana de San Miguel, convértese durante toda unha fin de semana no foco de interese de todo o relacionado co mundo frisón.
Esta tarde, a partir do sete, terá lugar o concurso de xatas e xovencas, e mañá, a partir das 20.00 horas, celebrarase o de vacas en lactación. O domingo ás 10 da mañá elixiranse os mellores manexadores novo e adulto e, a continuación, terá lugar o XII Concurso Xuvenil. As actividades de frisón rematarán arredor do mediodía coa entrega de premios aos gañadores.