Africor Lugo e Vaca Pinta organizan un ano máis as súas xornadas técnicas, as cales regresan ao formato presencial. A cita será o 14 de xuño no auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo.
Unha decena de relatoras dan forma a esta edición que poñerá o foco en temáticas como o estrés por calor, o uso responsable de antibióticos, a pegada de carbono ou o manexo dos datos en granxa:
10.30 h | Instalacións e medios para mitigar os efectos da calor e a importancia do uso de medios de monitorización
Israel Flamenbaum, Cow Cooling Solutions, Ltd. Israel
11.00 h | A nova normativa de uso responsable de antibióticos
Gerardo Rivero, xefe do Servizo de Seguridade Alimentaria nas Producións Gandeiras, Xunta de Galicia
11.30 h |Descanso para o café
12.00 h | O secado selectivo e o novo marco contexto de uso de antibióticos
Luis Miguel Jiménez, veterinario de Servet Talavera
12.30 h | A pegada de carbono, ferramenta de xestión das explotación leiteiras da cornixa cantábrica
Gregorio Salcedo, investigador do CIFP La Granja (Cantabria)
13.00 h | O estrés por calor e a súa influencia na produción e fertilidade das vacas en climas húmidos como en Galicia
Israel Flamenbaum, Cow Cooling Solutions, Ltd. Israel
13.30 h | Principais liñas vixentes de axudas financeiras para o sector
Jesús Combarro, director de Abanca Agro
13.40 h |Quenda de preguntas
14.00 h |Comida
15.30 h | Manexo da transición: importancia na redución da patoloxía e tratamentos
Rodrigo García, DVM, PhD International Ruminant Nutrition Manager en TechMix Europe
16.00 h | Ácidos graxos no leite: que sabemos da experiencia en Galicia
Juan Cainzos, Senior Sales Manager en ABS España
16.30 h | Como a integración de información nos axuda no campo
Xosé Ramón Botana, veterinario de AIRA SCG
17.00 h | Traballar ou non con monitorización, unha experiencia real
Manuel Candamio, gandeiro de Finca Cabreira (Irixoa, A Coruña)