20-04-2021
O vindeiro luns 26 de abril o equipo de Lely volve aos Seminarios Online de Vaca TV para facer un repaso pola primeira década de traballo co Lely Astronaut A4 en España. Farano a partir das 18:00 horas, en directo desde a gandería cántabra Beranjo SC (Tezanos, Villacarriedo).
O directo poderá seguirse, como sempre, desde a nosa páxina de Facebook e desde a sección de TV de vacapinta.com.