Próxima poxa de gando de alta selección en La Marina de Retortillo

A granxa cántabra La Marina de Retortillo (El Tejo, Valdáliga) celebrará o vindeiro sábado 30 de outubro unha xornada de portas abertas e a súa primeira poxa de gando de alta selección, na que porá á venda algunhas das súas mellores familias. Poxarán en total unhas 16 xatas e xovencas.

A exposición de animais estará aberta de 12:00 h a 16:00 h, ás 14:30 h os asistentes terán acceso a un aperitivo e ás 16:00 h comezará a poxa.

Para confirmar a asistencia, rogan, se é posible, porse en contacto con eles a través do teléfono 942 72 09 44.