Presentado en Santa Comba o cartel do próximo concurso rexional galego

A localidade coruñesa de Santa Comba acolleu este domingo a celebración da vixésimo segunda edición da súa Poxa de Gando Frisón e, aproveitando a ocasión, foi presentado o cartel do XXXII Concurso Autonómico da Raza Frisona Fefriga, que terá lugar en neste mesmo concello os días 23, 24 e 25 de febreiro. 

No acto estiveron presentes o alcalde, Alberto Romar; o presidente de Fefriga e Africor Lugo, Manuel Sandamil; o presidente de Africor Coruña, Fernando Suárez, e o presidente de Africor Pontevedra, Jesús Manuel Manteiga.  

O programa da próxima cita frisona de Santa Comba contará co concurso de pelado durante o venres pola tarde, coa celebración das seccións de xatas, xovencas e vacas ao longo do sábado 24 e co certame de manexadores, a mañá do domingo. Non faltará a exposición comercial nin diversas actividades relacionadas, que se presentarán máis adiante.