O Restaurante España de Lugo foi o espazo escollido para a presentación da primeira carne amparada pola nova IXP como Boi Galego, nun acto organizado polo Consello Regulador das IXPs de Carne de Vacún de Galicia, que contou coa asistencia do Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro Orol, xunto con membros do pleno do devandito Consello Regulador, representantes da produción, da industria cárnica e da distribución, profesionais do sector, bloggers gastronómicos e medios de comunicación.
A presentación consistiu nunha degustación de diferentes pratos elaborados coa carne procedente do primeiro boi certificado como Boi Galego. Este acto brindou, ao máis de medio centenar de asistentes que se deron cita nel, a posibilidade de coñecer de primeira man a carne de boi, tanto as condicións produtivas e características que debe cumprir para ser certificada pola nova IXP como as súas cualidades organolépticas e culinarias.
Máis datos na nota de prensa