PAC

Nove comunidades amplían o prazo de solicitude da PAC

Andalucía, Aragón, Asturias, Baleares, Castela-A Mancha, Cataluña e Murcia amplían o prazo de solicitude das axudas da PAC ata o 31 do presente mes. Mentres que, en Estremadura, o período estará aberto ata o 30 e en Madrid, ata o 24 de maio.

No resto das Comunidades Autónomas o periodo finalizou o pasado sábado 15 de maio, aínda que o Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) precisou que, ao ser día inhábil, a última xornada para solicitar as axudas fose onte, luns 17.

O FEGA lembra todos os prazos de presentación e modificación da Solicitude Única, de comunicación das cesións de dereitos de pago básico, consideracións relativas á SIGPAC e as datas que afectan o cumprimento dos requisitos de admisión. Entre os prazos, márcase como data límite para a presentación das modificacións á Solicitude Única o 15 de xuño. Como consecuencia do devandito atraso, o límite para presentar as renuncias ao réxime de pequenos agricultores tamén se apraza até o 15 de xuño.

Consulta todos os prazos