O Centro de Promoción Rural EFA-Fonteboa organiza nas próximas semanas unha serie de cursos e actividades formativas accesibles tanto para socios como persoas alleas ao centro. Por unha banda, ofrece dous cursos relacionados coa elaboración de queixos, un centrado nos procesos físico-químicos do leite e outro máis orientado cara ás variedades de queixos galegos.
Doutra banda, organiza a próxima semana unha xornada sobre benestar animal que acreditará aos alumnos como persoal apto para granxas e matadoiros e para o transporte de animais vivos.
Todos os cursos requiren inscrición previa. Os datos de contacto pódense consultar nas seguintes ligazóns: