Nova recollida do leite de La Caixa a favor da infancia

Nova recollida do leite de La Caixa a favor da infancia

Obra Social La Caixa organiza este ano, en colaboración co Banco de Alimentos, a cuarta edición da campaña “Ningún neno sen bigote”, que busca mellorar a alimentación dos máis novos.

Onte, a directora do Departamento de Colaboracións con Entidades Sociais da Fundación Bancaria “La Caixa”, Juana Prats; o director xerente da Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL), Anxo Crespo, e o chef Sergio Fernández presentaron en Santiago a cuarta edición desta iniciativa, cuxo fin é dar acceso a unha alimentación saudable e equilibrada a menores en risco de pobreza e que beneficiará a máis de 1,5 millóns de persoas en todo o país.

Na campaña do ano pasado, logrouse reunir 1,2 millóns de litros e, nesta edición, o obxectivo é mellorar esta cifra. Para iso, por exemplo, as duascentas oficinas coas que conta La Caixa en Galicia sumaranse á recollida mediante a entrega física de cartóns de leite entre o 4 e o 15 de xuño e a través de microdonativos do 28 maio ao 13 de xullo por medio da súa canle electrónica LíneaAbierta, co envío de SMS coa palabra “LECHE” ao 28024 e dende a súa páxina web.