Notable suba do prezo da manteiga en Fonterra

A poxa de Fonterra do día de hoxe non rexistrou apenas cambios no índice global de prezos do comercio de produtos lácteos con respecto á anterior poxa, aínda que si que anota unha lixeira suba. Deste xeito, chegou aos 3.479 $/tonelada. Cabe destacar desta xornada o claro incremento do valor da manteiga, nun 5,5 %, ata os 5.379 $/tonelada.

Neste contexto, o prezo do leite enteiro en po tampouco sofre variacións e continúa en 3.172 $/tonelada. O leite desnatado en po e o queixo rexistran un leve descenso, de -2,3 % e -3,3 %, marcando uns valores de 2.667 $/tonelada e 4.533 $/tonelada, respectivamente.