Numerosos expertos internacionais en calidade do leite daranse cita en xaneiro de 2027 na 66.ª edición do encontro anual do National Mastitis Council. O evento terá lugar do 25 ao 28 do primeiro mes do ano que vén en Jacksonville, Florida (EE. UU.).
“Da ciencia á acción” é o lema escollido pola organización para o congreso. A través del, pretenden transmitir a idea de transformar os coñecementos en decisións prácticas, en ferramentas útiles e en accións concretas para o traballo dos profesionais do sector lácteo.
O vicepresidente da entidade, o galego Alfonso Lago, anima as persoas interesadas a participar nunha cita de carácter internacional. Considera que, á marxe de situacións puntuais, os temas que se tratarán en relación coa calidade do leite son comúns en todo o mundo.
Vaca Pinta únese como partner do evento para axudar na súa difusión. As inscricións estarán dispoñibles nos próximos meses.