Nace ‘Vaqueros del Sur’, unha iniciativa de venda de leite de kilómetro cero e prezo xusto en Andalucía

A cooperativa granadina Alba Ganaderos, que supón ao redor do 25% do total de gandarías andaluzas, creou a marca ‘Vaqueros del Sur’, a través da que se comercializará leite fresco de quilómetro cero para garantir un prezo mínimo por litro de leite para o cento de gandeiros que conforman a cooperativa.

Producida, recollida e envasada en Andalucía, será comercializada por Lidl (por agora só nas 120 tendas que ten nesta comunidade) e a súa materialización é produto dun acordo entre a cadea de supermercados, a Unión de Pequenos Agricultores e Gandeiros (UPA) e a Coordinadora de Organizacións de Agricultores e Gandeiros (COAG).

Sinalan os promotores que este proxecto (certificado por Aenor en Benestar Animal) é sustentable desde o punto de vista social, xa que promove a produción local e o desenvolvemento do medio rural andaluz; económico, por garantir a rendibilidade das ganderías familiares, ao fixar un prezo mínimo por litro de leite, e ambiental, xa que o modelo colaborativo de proximidade permite reducir as emisións de dióxido de carbono e o seu correspondente impacto para o planeta.