Nace Foro Secado, o novo espazo de consulta online

Nace Foro Secado, o novo espazo de consulta online

Neste novo apartado dentro de vacapinta.com ponse a disposición dos profesionais do sector vídeos e documentos relacionados co proceso de secado

O período de secado é unha etapa fundamental dentro da produción de leite e, conscientes disto, Boehringer Ingelheim acaba de lanzar Foro Secado, un novo espazo dentro da nosa web pensado para servir de lugar de consulta para os produtores. A páxina aborda todos os aspectos deste proceso apoiándose en tres alicerces fundamentais: gravacións didácticas, charlas en vídeo e o libro en pdf Por que arriscarse?, dispoñible en varios idiomas.

Ir a Foro Secado