Molino Ruedas York Windbrook conquista o primeiro Expogan en Santander

A campa de Mataleñas (Santander, Cantabria) acolleu esta fin de semana a primeira edición da Exposición de Gandería e Alimentación Expogan. O evento contou cun concurso de raza frisona no que participaron un total de 49 animais e que foi xulgado por Quim Sabriá Pujol.

O certame abriuse coas seccións de xatas e xovencas nas que Oyambre Kandela Moovin Red, de SAT Cabo Oyambre (Los Llaos, San Vicente de la Barquera), foi nomeada xata campiona e Cudaña App Haniko ET, de Cudaña (Labarces, Valdáliga), xovenca campiona e gran campiona.

Nos campionatos de vacas, Llinde Wanyne High Octane, de SAT Ceceño (El Tejo, Valdáliga), conseguiu o galardón de nova campiona; Somoboo Elvira Elude, de Somoboo (Somo, Ribamontán al Mar), o de intermedia campiona e Molino Ruedas York Windbrook, de Sarabia Isla SC (Solórzano), o de adulta campiona. Este último animal foi o elixido vaca gran campiona do concurso e tamén recibiu o premio de mellor ubre do concurso.

Doutra banda, a gandería Sarabia Isla SC logrou o título de mellor rabaño.