A Asociación dos Produtores de Leite de Portugal (Aprolep) organizará unha serie de actividades nos próximos días para festexar o día Mundial do Leite.
Esta celebración, que ten lugar cada 1 de xuño, coincide co Día do Neno e, con este motivo, realizaranse dúas visitas a empresas do sector. O 30 de maio, uns 60 rapaces da Fundación Válega, de Ovar, serán recibidos en Qualileite Unipessoal Lda e, o 5 de xuño, 80 nenos da Escola Primaria de Carvalhal visitarán a vaquería de José Augusto Mariz.
O obxectivo destas visitas é darles a coñecer aos asistentes todo o proceso que está detrás do leite que atopan despois nos supermercados a través de xogos e degustacións dos produtos.