Melos Crushabull Andorinha gaña o título de xovenca gran campiona no concurso das Azores

Melos Crushabull Andorinha, da gandería Sociedade Melosfarm, Lda (Ponta Delgada), foi a gañadora entre as xatas e as xovencas participantes na décima edición do Concurso Micaelense da Raza Holstein Frisona de Outono, que se celebra esta fin de semana nas Azores.

Tal recoñecemento foi acreditado polo xuíz Ian Crosbie (Canadá), que este sábado tamén será o encargado de valorar as distintas vacas que desfilen polo recinto feiral de Santana. Entre outros galardóns, designará á vaca gran campiona.