Mazaricos celebra este domingo unha nova edición da súa poxa de xovencas

O recinto feiral da Picota (Mazaricos, A Coruña) abrirase este domingo, 4 de decembro, para recibir ás 24 xovencas que se porán á venda na XIV Poxa de Xovencas de Raza Frisona Memorial José Moreira. A poxa empezará ás 11:00 horas e ao finalizar haberá sorteos de varios agasallos valorados en 2.000 euros.

A información dos animais tédela dispoñible na nosa web.