Mazaricos celebra este domingo a súa poxa de xovencas frisonas

A décimoquinta edición da Poxa de Xovencas de Raza Frisona Memorial José Moreira, na que se poñerán á venda un total de 26 animais, terá lugar este domingo, 3 de decembro, no recinto feiras da Picota (Mazaricos, A Coruña). As poxas darán comezo ás 11:00 horas e ao finalizar haberá sorteos de varios agasallos valorados en 2.000 euros. O prezo de saída de cada lote, que se dará a coñecer no momento da exhibición, será fixado polo propietario e a Comisión Organizadora.

A información dos animais xa está dispoñible na edición dixital do catálogo, que se pode consultar sobre estas liñas.