NA GRANXA | EL CAMPGRAN (BARCELONA)

Máis que un gandeiro por vocación: entusiasmado, innovador e loitador

Así é Pol Collell, o xerente de El Campgran e La Vaquería d´Osona. Está á cabeza dun equipo de once traballadores que sacan adiante cada día todo o traballo que implica unha gandería con 330 frisonas e un obradoiro que achega valor engadido ao leite producido antes de saír das súas propias instalacións.

En Vaca Pinta 35 viaxamos a Barcelona para descubrir os detalles do seu gran proxecto de vida.