Mañá, sexta entrega de La Hora del Robot de Hipra con técnicos de DeLaval

La Hora del Robot, o coloquio online bimensual para resolver dúbidas sobre os robots de muxido organizado por Hipra, emitirá mañá ás 13:00 horas o seu sexto capítulo. Nesta ocasión, contarase coa intervención de Antonio Lenza, responsable de distribución noroeste de DeLaval, e Juan Carlos López, xefe de produto DelPro da compañía. Todo o evento poderá seguirse en directo a través da web e da páxina de Facebook de Vaca Pinta.

ENVÍANOS AS TÚAS DÚBIDAS ANTES DA EMISIÓN

Lembrámosvos que os espectadores poderedes enviar en directo, mediante comentario en Facebook, as vosas dúbidas para os expertos ou, se o preferides, tamén podedes deixar xa os vosos comentarios enviando un mail a redaccion.vacapinta@ctransmedia.com ou a antonio.souto@hipra.com, ou ben escribindo un whatsapp ao 626 290 803.