Mañá, nova edición dos Encontros Gandeiros da ADSG Xundeva

A ADSG Xundeva celebra mañá a XVI edición dos seus Encontros Gandeiros. Será no Salón Teatro do auditorio de Lalín e comezará ás 11:00 horas.

A monitorización do comportamento en vacún de leite, a importancia de facer ben a recría para producir mellor, as desventuras dun veterinario gallego en Latinoamérica e o plan de reactivación da gandeiría de Mouriscade serán os catro temas a tratar. Para abordalos estarán presentes Juan José Núñez, de MSD Animal Health Inteligence; Alfonso Martínez, de Boehringer Ingelheim; Antonio Souto, de Hipra, e Héctor Martínez, da gandeiría de Mouriscade.