CAMPAÑA QUESEA

Os versátiles e sorprendentes queixos de orixe nacional: un patrimonio único

España conta cunha diversidade queixeira extraordinaria. INLAC quere pór en valor esta ampla oferta a través da campaña informativa Quesea.

Desde o almorzo ata a cea, pasando polo aperitivo, a comida, a sobremesa e a merenda… O queixo é un deses versátiles alimentos que está presente en practicamente todas as mesas e en diferentes momentos de consumo. Pero,  sabemos recoñecelos? Que tipoloxías existen? España é ‘un país de queixos’, que se elaboran en practicamente todos os territorios da Península e tamén nas Illas Baleares e en Canarias. Un patrimonio nacional de enorme valor histórico, cultural, social ou gastronómico, e vital para o desenvolvemento rural e para loitar contra a España baleirada, que INLAC está dando a coñecer a través da campaña Quesea, con accións informativas en supermercados e hipermercados.

A produción anual supera amplamente as 450.000 toneladas e o queixo forma parte da cesta da compra do 89 % dos fogares, aínda que consomen só 7,8 quilos de media ao ano.  O queixo é moito máis que un alimento: contén proteínas de alto valor biolóxico e é un dos alimentos con maior concentración de calcio que existen: unha porción de 100 gramos de queixo equivalen ao requirimento diario dunha persoa adulta. O queixo é un alimento rico en vitaminas A e D. Tamén contén vitaminas do grupo B, como a B12, a B9 (ácido fólico), a B1 (tiamina) ou a B2 (riboflavina). No noso país podemos gozar de variadas referencias, nutritivas e saborosas: Queixos frescos, tenros, de pasta semiblanda novos, afinados, azuis, de pasta prensada, tortas....

Desde a INLAC axúdanche a coñecelos (PDF)!

Máis información en www.quesosdeespaña.es