Os carteis da Moexmu celebran a súa 40.ª edición

A 40.ª Mostra Exposición de Muimenta (Moexmu) terá lugar os días 5, 6 e 7 de abril nesta localidade lucense e a súa organización deu xa a coñecer os carteis desta nova edición, toda unha referencia festiva polo seu corenta aniversario.

Durante os tres días celebrarase a trixésimo oitava edición do tradicional Concurso de Gando Frisón da Moexmu, a XXXVIII Exposición de Raza Rubia Galega e a XXVIII Poxa de Gando Selecto.