Coincidindo coa festividade de San Isidro, a localidade de Galizano (Ribamontán al Mar) celebrou como cada 15 de maio o seu concurso de gando frisón, no que participaron un total de 101 animais de 25 ganderías.
O xuíz nacional de Conafe Roberto Saiz decantouse na final das primeiras seccións por Cudaña Areneta Jacoby, unha xata da gandería Cudaña (Valdáliga), como xovenca gran campiona.
No gran campionato de vacas, a afortunada foi Llinde Ariel Jordan, propiedade da explotación cántabra SAT Ceceño (Valdáliga), que recibiu o título de vaca gran campiona e tamén o de mellor ubre.