Llinde Ariel Jordan conquista o podio de Cremona

A actual vaca gran campiona nacional, Llinde Ariel Jordan, da gandería SAT Ceceño (Cantabria), acábase de converter tamén na gran campiona da Feira Internacional de Cremona (Italia). Tras conseguir gañar o concurso nacional de España por cuarta vez, a frisona segue facendo historia fóra das nosas fronteiras.

Para España viaxarán ademais os premios de gran campiona reserva, adxudicado á frisona Ponderosa Meridian Emigrant, de Ponderosa Holsteins (Cataluña), o de terceira da súa sección para Kergo Ozalid 6818, da Lagoa de Serabel (Galicia), e o de mellor grupo, no que participaron estes tres exemplares. .