LG Seeds sortea dous completos lotes de produtos

LG Seeds sortea dous premios compostos de dous sacos de millo para ensilado (equivalente a unha hectárea) e un pack de produtos da marca Pasión pola Agricultura (chaleco petos, gorra e máscara) entre os participantes nun breve cuestionario sobre as rutinas de sementeira. Os interesados poden cumprimentar as preguntas desde xa mesmo e ata o vindeiro luns 19 de abril. 

Nos días seguintes realizaremos o sorteo e daremos a coñecer o nome dos dous premiados a través da nosa páxina web. Así mesmo, contactaremos directamente con eles e, no caso de que nos 7 días posteriores á súa notificación non recibísemos resposta por parte dalgún dos gañadores, o premio será asignado automaticamente á persoa (ou persoas, no caso de que non se produza resposta por parte de ningún dos dous gañadores) que saíse como suplente no sorteo.