EN VÍDEO

Os 9 paradoxos da granxa á mesa

O sector gandeiro europeo presentou o vídeo Os 9 paradoxos da granxa á mesa, como chamamento para participar activamente no actual desafío sobre sostibilidade para desenvolver e implementar unha estratexia "Da Granxa á Mesa" eficaz e adecuada para Europa.

Trátase dunha iniciativa impulsada pola Plataforma "European Livestock Voice" e "Carni Sostenibili", e traducida e editada en español por "Somos Ganadería" no marco da campaña #RealidadGanadera, que reúne organizacións do sector gandeiro entre as que se atopa CONAFE (Confederación de Asociacións de Frisona Española) en representación do sector de vacún de leite.

O vídeo destaca o feito de que, a pesar das boas intencións, a estratexia "De la Granja a la Mesa" non ten en consideración a situación real e os desafíos do sector gandeiro. Ademais, reflicte a vontade de toda a cadea de participar activamente no gran proceso de transición ecolóxica, agora en marcha.

Os paradoxos identificados reflicten conceptos erróneos e prexuízos en torno ao sector gandeiro en termos de medio ambiente, saúde e economía. Revelan inexactitudes e achegan información en temas como:

  • O valor nutricional da carne
  • A coherencia do uso da terra para a actividade gandeira
  • A sostibilidade ambiental da cadea gandeira europea
  • O impacto económico do sector
  • A protección do benestar animal
  • O uso de fertilizantes
  • Emprego en zonas rurais
  • O patrimonio gastronómico e cultural dos produtos de orixe animal
  • A seguridade e dispoñibilidade dos nosos produtos alimenticios

A campaña #RealidadGanadera, comunicando hechos sobre la ganadería española é unha réplica da iniciativa europea #MeattheFacts para a súa implementación en España, na que colabora Conafe xunto a outras institucións do sector gandeiro para desmentir mitos e informar o público sobre o valor social da produción gandeira e a súa contribución para afrontar os retos globais, ofrecendo outra perspectiva, desmentindo mitos e achegando evidencias sólidas para os debates actuais.