A Xunta e Ligal asinan un convenio para realizar 1,5 millóns de analíticas de mostras de leite durante catro anos

O director xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, visitou e Laboratorio Interprofesional de Análise do Leite (Ligal), organismo certificador do control leiteiro na comunidade. Na devandita visita, o director xeral resaltou a importancia do traballo que leva a cabo o Ligal e a súa decisiva contribución á mellora constante da calidade e do prestixio do leite galego, a través do seu labor de control.

O Goberno galego, recentemente, asinou un novo convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Rural e este laboratorio para realizar as analíticas das mostras de leite procedentes do control leiteiro do gando vacún en Galicia. Esta colaboración permitirá facer, durante o catro próximos exercicios, ata un total de 1,5 millóns de analíticas de mostras de leite anuais. Balseiros destacou que o orzamento total destinado para estas actuacións é de dous millóns de euros, a razón de 500.000 por cada un dos anos.

Con esta cooperación preténdese obter datos para avaliar xeneticamente aos animais reprodutores e poder desenvolver o Programa de mellora xenética de frisón de Galicia.

Máis información