A Xunta valora organizar máis edicións do curso sobre xestión empresarial para gandeiros

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), José Luis Cabarcos, presidiu esta mañá no pazo de Quián, en Sergude (Boqueixón) a inauguración da primeira acción formativa especializada dirixida aos gandeiros no marco da Estratexia de dinamización do sector lácteo galego que está a por en marcha a Consellería do Medio Rural.

Neste acto, o responsable da Agacal destacou que se cubriu o total de prazas establecidas (20 alumnos) e que se contempla a posibilidade de organizar máis edicións deste curso, para facilitar a todos os gandeiros interesados a oportunidade de participar nesta actividade. A próxima edición da acción formativa prevese para o vindeiro outono.

Ademais, José Luis Cabarcos animou aos participantes a presentaren proxectos dentro da Manifestación de interese habilitada pola Consellería para concorrer aos fondos de recuperación, unha posibilidade que permanecerá aberta ata o vindeiro día 30 de abril, despois de ampliarse o prazo debido ao gran interese espertado pola iniciativa.

Máis información