O CIAM dá a coñecer os sus últimos avances para o sector leiteiro a gandeiros galegos

Medio cento de gandeiros galegos acudiron, esta mañá, á xornada de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, organizada pola Consellería do Medio Rural, para poñer de manifesto os avances alcanzados nos últimos anos no sector lácteo por parte deste centro, que ten como obxectivo impulsar a sustentabilidade e a rendibilidade do sector.

Así, pretende afondar en aspectos como o sistema crédito carbono en leite ou nos traballos para acadar unha nova tecnoloxía para a rastrexabilidade do leite de vaca en Galicia. En relación co primeiro tema, o investigador doCentro de Investigacións Agrarias de Mabegondo,César Resch, foi o encargado de expoñer os resultados do proxecto europeo Dairy For Future. Sobre a rastrexabilidade, interveu o doutor Gonzalo Flores.

O evento foi inaugurado polo director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), José Luis Cabarcos. O programa de tarde inclúe actos e charlas, como a impartida por parte de Marcos Veiga, centrada na caracterización do leite de pastoreo.

A xornada de mañá contará cun relatorio sobre a sustentabilidade dos diferentes sistemas de produción de leite na nosa comunidade e unha visita guiada ás instalacións do propio centro, para coñecer, in situ, os ensaios que se están desenvolvendo actualmente.