A Xunta anima a apostar pola formación regrada e continua no ámbito agroforestal para reactivar o rural

O conselleiro do Medio Rural, José González, animou á sociedade galega a apostar pola formación continua e regrada no ámbito agroforestal para avanzar na reactivación do noso rural. Fíxoo na clausura do curso académico 2020-2021 dos Centros de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Galicia, onde estivo acompañado polo director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), José Luís Cabarcos.

Apuntou que o 60 % das incorporacións dos mozos ao agro son de vacún de leite polo que convidou a estes novos emprendedores a apostar pola sostibilidade, o valor engadido e marcas como Galega 100%, así como polo futuro selo que distinguirá o leite de pastoreo.

Cabe lembrar que no próximo curso 2021-2022, a Xunta ofertará 271 novas prazas nos 11 ciclos medios e superiores que se imparten nos CFEA. Así mesmo, está programadas 626 accións de formación continua, cun orzamento superior ao millón de euros.

Máis información