A poxa de Feiradeza alcanzou un volume de negocios de 49.500 euros

Para completar a fin de semana da XXXVII Feiradeza, celebrouse a XIII Poxa de Gando no multiusos Lalín Arena, de Lalín (Pontevedra). Todos os animais que saíron á pista, un total de 18 exemplares, foron adxudicados. O volume de negocio alcanzou os 49.500 euros, cunha media de 2.750 euros por animal.

Mouriscade Horizon Araceli, de Finca Mouriscade, foi o animal vendido co prezo máis alto, 4.900 euros, á gandería Pena Guisande (Friolfe, Lugo).