Véndense todos os exemplares da I Poxa de Gando Frisón de Friol cun prezo medio de 2.994 euros

Acaba de finalizar a primeira Poxa de Gando Frisón da localidade lucense de Friol, que organizou Africor Lugo en colaboración co Concello, no mercado gandeiro municipal. Vendéronse os 18 animais sacados a pista e alcanzouse un volume de vendas de 53.900 euros, cun prezo medio por cabeza de 2.994 euros.

O exemplar poxado polo prezo máis alto foi Carballo de Baixo Goal Raíña, presentado pola gandería Carballo de Baixo SC de Sarria (Lugo), que o comprou a gandería Xesteiro de Zas (A Coruña) por 4.800 euros. O segundo prezo máis alto foi para Queiroga Goal 2240, presentado por Casa Queiroa de Ou Paramo (Lugo), adquirido pola gandería Pena Guisande de O Paramo (Lugo) por 4.200 euros.