A primeira edición do “Premio Zoetis Ganadería en Femenino” xa ten gañadora

Yaiza Rimada, gandeira de vacún de leite e fundadora de La Saregana, empresa familiar situada no concello de Sariego, en Asturias, e dedicada á produción de leite de vaca e fabricación e comercialización de iogures, queixo (requeixo e de leite cru) e manteiga fresca, resultou gañadora do Premio Zoetis Ganadería en Femenino 2020.

Cunha traxectoria de preto de 20 anos ligada ao vacún de leite, Yaíza, que conta cun módulo superior de xestión agropecuaria, tomou as rendas do negocio familiar, unha explotación de vacún de leite que chegou a contar con 225.000 litros de cota, en 1997, ao acabar os estudos.

Nos comezos, xunto ao seu pai, Rimada apostou forte pola explotación, investindo en novas instalacións, con todas as comodidades e con sala de muxido, entre outros, pero pronto viron como o prezo do litro de leite foi ía caendo á vez que subían os custos de produción, deixando moi comprometida a rendibilidade da súa explotación. Foi entón cando fundaron A Saregana, unha empresa de transformación do leite en produtos lácteos naturais que eles mesmos elaboran e comercializan. Para iso, cambiaron a alimentación dos seus animais, “anulando da súa dieta, centrada en cereais e pasto fresco, todo tipo de fermentacións, cun manexo tradicional e elevado grao de benestar animal, o que confire unha calidade distintiva aos nosos produtos”, destacou a gañadora.