A presidenta de Mulleres de Seu de CLUN, Carmen Rodríguez, premio Muller Agro 2020

O galardón, concedido pola axencia Siete Agromarketing e eComercio Agrario, recoñece a figura de Carmen Rodríguez como impulsora do proxecto Mulleres de Seu na súa loita pola igualdade no sector agroalimentario galego e a súa traxectoria profesional na cooperativa CLUN.

Cinco categorías (Muller, Mocidade, Empresa, Home e Emprendemento) integran a convocatoria da III edición deste premio, que pretende homenaxear e impulsar o labor de mulleres e homes que nesta crise sanitaria etiveron en primeira liña apostando por servir ao consumidor.

O premio foi dado a coñecer hoxe nunha gala en Mercamadrid coa asistencia de numerosos representantes do sector do ámbito nacional.