A planta de Nestlé en Pontecesures recibe a visita da conselleira do Medio Rural

A planta de Nestlé en Pontecesures recibe a visita da conselleira do Medio Rural

A seriedade e a lealdade das relacións contractuais da industria cos gandeiros deben ser as bases que sustenten o futuro do sector lácteo.  Así o confirmaba a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, na súa visita esta mañá á planta de Nestlé en Pontecesures.

O compromiso desta industria segue esta liña de traballo e ponse de manifesto á hora de abonarlles aos gandeiros un prezo xusto e adecuado pola súa produción, nun marco de equilibrio e estabilidade dentro da cadea de valor do leite.

Ángeles Vázquez insistiu na importancia deste equilibrio entre todos os que participan no proceso de produción, procesado e comercialización do leite, dende o gandeiro ata o consumidor, pasando por industrias e distribución.