A Organización de Produtores de Leite (OPL) anunciou o envío á Axencia de Información e Control Alimentarios (AICA) dunha denuncia a Supermercados Lupa tras detectar a venda de leite a perdas en varios dos seus establecementos nas comunidades de Cantabria e Castela e León.
Dende a organización, tachan de “inxustificable e inescusable” a promoción dos devanditos produtos, ofertados a 0,55 e 0,56 euros, posto que a súa data de caducidade vai dende os dous meses vista ata, nalgúns casos, o cinco meses.
Esta denuncia súmase así ás moitas rexistradas por esta axencia en relación ao sector lácteo e pon de manifesto a necesidade dun maior control por parte do Goberno á industria e a distribución. Así mesmo, a OPL sinala que permitir estas rebaixas nos prezos unicamente contribúe a “desprestixiar o produto, conseguindo que o consumidor desconfíe da calidade do leite”.