A nova vaca gran campiona de Galizano é Canton Karaja Montana

Foto: AFCA

O animal sobre estas liñas, Canton Karaja Montana, da gandería El Cantón (El Tejo, Valdáliga), foi elixida este domingo vaca gran campiona do Concurso de Gando Frisón de Galizano (Cantabria), celebrado un ano máis con motivo do día de San Isidro.

Nas seccións de xatas e xovencas o xuíz, Santiago García Souto, escolleu a outro exemplar desta mesma gandería, Canton Albertina Jordy Rede, como gran campiona de xovencas.