A Moexmu, aprazada

A Organización da XXXVII edición da Mostra Exposición de Muimenta, Moexmu, acaba de comunicar que, tras valorar as recomendacións sanitarias derivadas da situación que seguimos a vivir pola pandemia da COVID-19, se ve na obriga de anunciar o aprazamento desta edición que tería lugar os días 9, 10 e 11 de abril.

Agradece a compresión e a colaboración de todos aqueles que levan asistido á feira e colaborado dun xeito ou doutro na súa celebración e adianta que a Moexmu voltará tan pronto como sexa posible.