EN VÍDEO

A mesa redonda “Aterra!: O teu futuro no agro”, celebrada na EPS de Lugo, xa en vídeo

A Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo celebrou este mércores 4 de abril a mesa redonda “Aterra!: O teu futuro no agro”, na que se abordou o gran potencial que as unidades de produción agraria teñen para constituírse nunha saída profesional para o alumnado do Campus Terra.

Organizada conxuntamente polo Grupo de Innovación Docente Ruralia e polo Colexio de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Lugo, contou coa participación de Marcos Vázquez, presidente do COITA de Lugo; Luis Anllo, socio da SAT A Vereda (A Pastoriza), e Xosé Lois Fernández, produtor lácteo.

O vídeo completo do debate xa está disponible na nosa sección de TV.