Xa está dispoñible na nosa sección de televisión a xornada organizada por Bioprana o 11 de abril na Estrada (Pontevedra) na que presentou as súas novas solucións bioecológicas para a valorización dos xurros. Fernando Rei foi o encargado de expor ante os asistentes as vantaxes destes produtos, que despois puideron ver aplicadas nun caso real nunha explotación.