XI XORNADA TÉCNICA DE PRODUCIÓN DE LEITE

A xornada de Africor Lugo, mañá en Veterinaria

A xornada de Africor Lugo, mañá en Veterinaria

Mañá terá lugar na Facultade de Veterinaria de Lugo a XI Xornada Técnica de Produción de Leite organizada por Africor Lugo. Os relatores deste ano –Fernando Soberón, Carlos Carbonell, María Veiga, Rogelio Grille e Nacho Peón– abordarán temas como a epixenética e as etapas críticas no desenvolvemento animal, a importancia da saúde das vacas, as claves dunha boa recría e a preparación da vaca para afrontar o parto.

As charlas darán comezo ás 11.00 e estenderanse ata pasadas as 17.00 horas, cunha pausa ao mediodía para comer.

Programa completo