Coñecer cales son as claves para manter unha alimentación saudable e que papel deben xogar nela lácteos como o leite, o queixo ou o iogur son algúns dos aspectos nos que fai fincapé Rosaura Leis, pediatra con décadas de experiencia profesional, quen non ten dúbidas de que os lácteos deben formar parte da base da pirámide alimentaria saudable e recomenda tomalos todos os días para garantir a inxesta de macro e micronutrientes esenciais para a nosa saúde.
Leis, xunto con outros expertos médicos de referencia, defende que unha dieta equilibrada inclúe 2-3 racións de lácteos ao día en nenos e adultos e 3-4 se falamos de certas etapas e colectivos con necesidades adicionais. Unha ración de leite equivale a 200-250 mililitros (unha cunca ou vaso) e a ración de iogur sitúase nos 250 gramos (2 iogures). Mentres tanto, a porción de queixo semicurado ou curado recomendada rolda os 30 gramos e a de queixo fresco chega ata os 60 gramos ao día.
Xunto aos valores nutritivos e saudables, son puntos fortes do modelo de produción europeo aspectos como a calidade, trazabilidade, benestar animal, seguridade alimentaria e o compromiso ambiental, que contribúen a que os lácteos elaborados no mercado comunitario teñan cada vez máis proxección internacional, ofrecendo amplas garantías aos consumidores de todo o mundo.
Estes son só algúns factores que pon en valor a campaña europea "Conta cos produtos lácteos europeos” impulsada polaOrganización Interprofesional Láctea (InLac), iniciativa que trata de informar desde unha perspectiva científica dos valores que hai detrás do sector lácteo, no plano ambiental e tamén nutricional.