A II edición do Premio Zoetis Ganadería en Femenino xa busca candidaturas

Zoetis vén de anunciar que xa se atopa aberto o prazo para enviar candidaturas para a segunda edición do seu Premio Zoetis Ganadería en Femenino. Este galardón é un recoñecemento á traxectoria e/ou a actividade dalgunhas das mulleres que dedican a súa actividade profesional á gandaría en xeral, ou que están especializadas en ruminantes, porcino, avicultura, acuicultura ou outros. Poden participar tanto proxectos concretos no ámbito da gandaría que resulten innovadores e achegar valor á comunidade na que se desenvolven, como outros que respondan a unha necesidade concreta ou a un desafío do sector, ou que destaquen pola súa creatividade e orixinalidade, a súa eficiencia e rendibilidade.

Segundo apuntan desde a compañía, os últimos datos censais sobre a actividade da muller no sector agrario español publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), que se remontan a 2016, indican que no noso país existían nese ano 880 636 titulares de explotación agraria, dos que tan só 285 467 son mulleres (32 %).

Ganadería en Femenino quere contribuír a reverter esta situación a través da visibilidade, a formación e o recoñecemento ao labor destas mulleres, para o que conta co apoio de diferentes asociacións que as representan, como a Asociación de Mulleres de Cooperativas Agro-alimentarias de España (AMCAE), Mulleres de Seu -programa para o empoderamento da muller da cooperativa CLUN- e Gandeiras Asturianas.