A exposición “O glamur da mecanización agrícola” chega ao Muvicla

O Museo Vivo e Integrado do Campo e da Locomoción Agraria (Muvicla) acolle unha exposición temporal co título “O glamur da mecanización agrícola”, sobre o vínculo da marca automovilística Porsche co entorno rural. Un tractor agrícola Porsche, Super AP 133 de tres cilindros de 1952, e un deportivo Porsche 356- B Super 90 de 1962, amosan a súa relación coa mecanización agraria.

A exposición completase con carteis explicativos e unha selección de miniaturas a escala 1:16, de diferentes glamurosas marcas de vehículos como Lamborghini, Aston Martin, ou Alfa Romeo, cuxas oríxes teñen moito que ver co mundo agrícola.

Marcos Vázquez, director do Muvicla, apunta que neste ano de "Negra Sombra", queremos amosar optimismo e intentar converter as ameazas en oportunidades. María José Bande, comisaria da exposición, confía en que este novo proxecto do Muvicla, sexa atractivo e aporte un "gran de trigo" para mellorar a relación das persoas co medio rural e axude a evitar o despoboamento.

Exposición temporal "O glamur da mecanización agrícola"

Comisaria: María José Bande, doutora enxeñeira agrónoma.

Sede: Museo Vivo e Integrado del Campo e da Locomoción Agraria. Trasliste (Lugo)

Datas: do 16 de abril de 2021 ao 17 de septembro de 2021

Visitas: aberto todos os días, incluídos sábados, domingos e festivos, con cita previa.