O centro de formación EFA Fonteboa ten previsto ofrecer mañá, xoves 7 de maio, unha charla on-line sobre como facer un bo manexo da sementeira de millo forraxeiro, que impartirá o asesor agronómico de Dekalb Pablo Amado.
Para obter máis información sobre como asistir a esta acción formativa, contactar no teléfono móbil 659 774 694 (chamada ou WhatsApp).