A Asemblea Xeral da Aprolep aproba as súas contas

Este martes 15 de xuño tivo lugar en Árvore (Vila do Conde) a Asemblea Xeral da Asociación de Produtores de Leite de Portugal (Aprolep), na que se apobaron os informes de actividades e contas para 2020 e o plan de actividades e orzamento para 2021.

Produciuse un intenso debate relacionado coas dificultades que atravesan os produtores debido ao aumento dos custos de produción e ao mantemento en Portugal do prezo de produción máis baixo de toda Europa. Tamén se puxo o foco na  unión en torno ao traballo desenvolvido pola Aprolep e dispoñibilidade para as próximas etapas da loita dos produtores de leite.

Así mesmo, tamén se levaron a cabo as eleccións para o cuadrienio 2021-2024. Foi  reelixido o directorio actual, pero reforzouse o equipo con novos directores que pasan a integrar a mesa da Asemblea Xeral, o Consello de Supervisión e os cargos alternos da seguinte maneira:

Asemblea General
Presidente: Pedro Pimenta (Coimbra)
Secretarios: Norberto Gonçalves (Ponte de Lima) e Maaike Smits ( Setúbal)

 

Dirección
Presidente: Jorge Oliveira (Trofa)
Vicepresidentes: Marisa Costa (Póvoa de Varzim), Jorge Silva (Alcobaça), Eusébio Viana (Odemira) e José Augusto Ferreira (Barcelos)
Suplentes: Sérgio Moninhas (Vila do Conde), Eduardo Soares (Maia), Miguel Dias da Silva (Vila do Conde), Alexandra Leite (Maia) e José Simões (Alcobaça)


Consello Fiscal
Presidente: José António Teixeira (Amarante)
Vogais: António Pereira (Ovar) e André Barão (Benavente)
Suplentes: José Macedo (Vila Pouca de Aguiar), António Campos (Famalicão) e Isabel Maia Gonçalves (Vila do Conde)