A empresa Kemin Animal Nutrition & Health está preparando as VII Xornadas Técnicas sobre Nutrición de Vacún de Leite, que se celebrarán o vindeiro 2 de xullo no Hotel Santiago de Lugo, dende as 9:00 horas da mañá ás 15:00 da tarde.
O principal obxectivo é proporcionar novas perspectivas sobre a nutrición de ruminantes co fin de maximizar beneficios e incrementar a sostibilidade das explotacións.
O encontro contará con ponencias de Diego Martínez del Olmo e Javier López, de Kemin, e de José Eduardo P. Santos, profesor do departamento de Ciencia Animal da Universidade de São Paulo.
Nesta ligazón podes consultar o programa da xornada.